Dende hai unhas semanas as rías baixas voltan a estar en alerta por presenza de toxinas. A meirande parte dos polígonos de bateas de mexilón están pechados e desta volta o fenómeno presentouse máis cedo do habitual. Xa non agarda nin a San Xosé...
A seguridade alimentaria dos productos está de sobras garantida por
os controles de Sanidade. Así que, como consumidores, tranquilidade
absoluta.
Pero, ¿qué pasa coa actividade económica dos traballadores e
das súas empresas?
¿Hai que resignarse por o feito de que sexa un
fenómeno natural, máis ou menos virulento segundo a época?
¿Ou poidera
ser que esteamos a facer algo mal e sexamos nós os causantes do
problema?
Bótase en falla información e estudos en profundidades das súas causas, ou o qué é o mesmo:
falla de interés por solucionalo. E tí, ¿qué opinas?Se queres ver a situación actual, aquí tes o mapa do estado das zonas (Intecmar).