E TI, QUE ...?

Este vídeo foi gravado, realizado e editado por unha das equipas do Curso de Docencia da Formación Profesional para o Emprego no Patronato Municipal Beiramar de Moaña en Marzo 2020, antes da "hibernación forzosa" en en espera da normalización da situación extraordinaria que nos tocou vivir.

Forman parte da devandita equipa: André, Cris, Laura, Leti, María, Marcela, Nel.


SINOPSE

...no medio do seu soño, alguén escoita " E ti, que tipo de docente queres ser?", e esperta alucinado porque decátase que quedara durmido, que non escoitara a alarma do despertador e que lle quedaba moi pouco tempo para chegar ó centro onde é alumno. Dándolle lume ó carrozo, sae da casa en direción ó centro para poder chegar a tempo para fichar antes da hora e entrar na súa aula. Unha vez chegado ó centro, primeiro tópase con Leti, a docente enrrolada e bailonga, que está ensaiando co alumnado un baile con movementos que responden ás boas prácticas de hixiene para o coronavirus. O alumno sae escopetado vendo que se equivocara de  aula, pero recúa e mira que letreiro da porta pon "Curso de Docencia para a Formación do Emprego", co que volve a tentar entrar, e no aula atopa a María, como docente libertaria, na que ve que que o alumnado está deixándose levar pola docente en total éxtase. O alumno volve recuar e mentras marcha, decátase que a porta na que entrara sí era a correcta, co que, anque un pouco confuso, volve entrar no aula e tópase con Laura, a docente de ferro, na que manten ó alumnado firmes e asustado con voz  alta e tono marcial, polo que o alumno, da volta a toda presa, e volve a recuar polo pasillo, ata que volve cair en que a porta na que está entrando pertence ó aula no que ten que entrar. Moi confuso e pensando que está vivindo o día da marmota, volve entrar, e desta vez sí, tópase con Cristina, a docente formal, que o saúda, dille que entre para escomenzar a clase. No transcurso da clase o alulmno comenza a quedarse durmido, e a docente dirixíndose a el dille, "E ti, qué tipo de docente queres ser?", co que o alumno esperta e pensa que era un soño....ou non?....quen sabe?...voltemos empezar...




P.d.(1) Queremos aproveitar para mandarvos a todas e todos unha aperta inmensa, e enviarvos "estas risas" (anque sexa en "tempo de desconto"), tantas risas como as que nós botamos á hora de facelo (ademáis dos nervos e todo o aprendido).... Que o desfrutedes !!! Saúde e forza a tod@s !!!

P.d.(2) O "paquete" inclúe tomas falsas do making-off cunha simpática sorpresa... Non decimos máis.... Que vos escacharredes da risa !!!! ...e ata pronto vernos de novo... #QuedaNaCasa

1 comentario:

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.