Tecer a identidade galega: 100 anos do Día da Patria Galega.

“Na fronte unha estrela, no bico un cantar”, eis a maxia que reúne ano tras ano a celebración do Día da Patria Galega, festexada desde que as Irmandades da Fala puxeron a primeira pedra. E é que foi en 1920 cando se celebrou por primeira vez o día da nación galega, unha convocatoria acordada durante a II asemblea nacionalista a fins de 1919 que rapidamente se consolidou. Este 2020 fanse 100 anos desa primeira xuntanza e Sermos Galiza recupera as orixes e os primeiros pasos desta data, non exenta de polémica, que fixo do 25 de xullo, o día de Santiago, a festividade que reivindica a Galiza.

Desde o pensamento máxico, esa mestura do racional e imaxinario, do real e o sobrenatural que caracterizan os rituais, até as narrativas tradicionais sobre mouros, mouras, encantos, tesouros e seres máxicos, deuses... toda unha mitoloxía popular que non fai máis que enriquecer de forma transversal a cultura e identidades do pobo galego, desde a propia xeografía, a toponimia, até a figura da máxica santa compaña, da mitoloxía arredor da morte, dos agoiros... E tamén do marabilloso. E é que todo isto non é máis que a procura incansábel, o instinto que persegue o pobo porque “precisamos crer, imaxinar, soñar” lugares de encontro.

Dende as primeiras verbas ata as máis recentes aportacións. Galiza segue viva na xente que sinte como pobo a súa identidade.







O Puto Coke, MC -de Vigo- e un dos produtores máis prolíficos dos últimos tempos a través da compañía Licor Kafé, presentou o ano pasado dous temas en Gallego, como adianto do seu último traballo e de fronte ao Día dás Letras Galegas. Desta forma, O Puto Coke quixo homenaxear á súa terra, Galicia, cos temas " Irmán", que para esta ocasión escolleu como sample principal un fragmento da canción de Juan Pardo " Irmán Daniel", na que recita o poema de Cabanillas para Castelao. Doutra banda, está " G- g-A-a- L-EGO", o vídeo desta ligazón, que defende o uso do galego. Un idioma, que tal e como Alfonso X o Sabio dicía, é a lingua perfecta para a poesía e a música. Neste tema conta coa produción de Bleis e a colaboración do reconocidísimo gaiteiro Anxo Lorenzo, Wöyza e Dj Fabián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.