Hoxe hai un ano que sentín o pracer do percorrer do pó de sílice polas miñas veas e que acadaron por encher a miña ialma...
Adico estas liñas, que falan en verso soñando con ser poema, ás miñas compañeiras e compañeiros de labouras como aprendices de canteiros, os “guiche arxinas”, ó noso Mestre, o “Buxa Arxina”, Xosé, e a toda a equipa do Patronato Municipal Beiramar de Moaña.
Que saibades que tedes un oco na “miña pataquiña” para sempre !
![]() |
Cruceiro de Abelendo. Agosto 2019___Traballo da equipa do obradoiro de cantería do Patronato Municipal Beiramar de Moaña. |
< O tempo fala nos recunchos da pedra.
Millóns de graos formando a mole,
e eu, querendo aprenderte...
Escabullando, ollando, respirándote.
Millóns de historias na miña cabeza,
e eu, querendo aprenderte...
Déixome levar e de guiar a ferramenta.
Millóns de repineques buscando a forma,
e eu, querendo aprenderte...
Iluso de min que só tiña que ser eu,
pra acadar de aprenderme...
Agora levo pó de sílice nas veas,
e tras nove meses, parín pedra...>
Nel Pena
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.