O 7 de agosto (pasado mañá) celébrase en Beluso, no lugar de Bon, a romaría de Sanamedio, que é unha das que teñen máis sona no concello de Bueu. Agora pode semellar unha calquera das moitas festiñas que hai no verán polo noso país, pero anos atrás aquilo era tremendo: tanta xente xunta que non había onde poñer o mantel para sentar a comer!! Algo semellante acontecía dúas semanas antes, o 25 de xullo, na cruz de Santiago de Ermelo: comida e festa da mañá a noite, coa parte relixiosa que xustificaba tan tremenda lea.
Vouvos falar agora dun aspecto un tanto desacougador destas festiñas que sempre me chamou a atención. A imaxe na súa capela do santiño Sanamedio coas tripas todas por fora da barriga (seica foi coma morreu) é de todo menos alegre. E en Bueu algo devecemos por estas cousas pois o apóstolo Santiago foi decapitado, e Santa Efigenia, que pecha o ciclo das festas do verán aló polo 21 de setembro, seica morreu queimada na Etiopía.
E ó chegar ó trío paramos. Non hai póker, pois San Martiño morreu de vello aló en Tours. Ben por San Martiño!!, un bo tipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.